lunes, 14 de febrero de 2022

CIPRIANO POLO MUNDO

Hai unhas semanas, Cipriano, o gardián da biblioteca, enviounos un correo propoñéndonos un xogo. Informábanos que durante o tempo de vacacións de Nadal, estivera viaxando polo mundo. Tamén nos dicía que durante as próximas semanas iría enviando correos con pistas para pescudar en que países estivo, un por clase. A primeira pista que nos chegou foi a silueta do país. Nun principio non descubrimos moito, si que  Gabo deixou caer que lle parecía un país de Sudamérica, e non se equivocaba, porque o mesmo mércores, ao subir á biblioteca de centro, a realizar o préstamo, observamos no mapa, e ben grande, a silueta do país misterioso, tocáranos: BRASIL.!!!!  E así comezou a nosa aventura!

Á semana seguinte chegounos a bandeira e un quebracabezas de letras para formar o seu nome. Aproveitamos para traballar as bandeiras máis próximas e a dos países relacionadas co noso alumnado: España, Galicia, Brasil, Cabo Verde, Estados Unido, Colombia...

Empezamos a investigar e descubrimos que para ir a Brasil necesitamos ir en avión e ter pasaporte.

Traballamos coa moeda oficial de alí: O REAL. E unha vez feito isto pensamos que máis necesitariamos para viaxar a Brasil e claro, non podemos ir sen maleta, pero non sabiamos que tipo de roupa levar, estes días por aquí fai moito frío, pero investigamos e descubrimos que en BRASIL agora é VERÁN! Así que fixemos a nosa maleta con todo o necesario. Despois traballamos os sitios turísticos de Brasil e ata escribimos unha postal a Cipriano cun resumo en fotos da nosa viaxe virtual.



.

LUGARES QUE VISITAR



1 comentario: