sábado, 15 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 Na primavera de 1863 saíron dunha imprenta de Vigo os primeros exemplares de "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro. Con esta obra iníciase o chamado REXURDIMENTO. Con este nome coñécese a etapa na que, despois de moito tempo, a cultura e a lingua galega comezan unha etapa de esplendor. Ademais de Rosalía de Castro, houbo dous autores que sobresaíron naquela etapa: Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

Cen anos despois da publicación de CANTARES GALLEGOS, a Real Academia Galega decidiu marcar un día no calendario que servise para festexar e promover as nosas letras. Así cada 17 de maio adicamos ese día a un autor ou autora. Este ano adícaselle a XELA ARIAS.

O alumnado de infantil fixemos un vídeo para aportar o noso gran de area neste día tan especial para o noso pobo.

Agardamos que vos guste!

 

 

1 comentario: